Cédula Real para que o marqués de Cerralbo, capitán xeneral e gobernador de Galicia, provea e ordene nas cousas de guerra. 26-V-1587. Aranjuez. Un dos documentos que Fermín Penzol usou na entrega simbólica dos seus fondos a Editorial Galaxia en 1956, representada polo seu presidente, Ramón Otero Pedrayo, co obxecto de que se artellase unha fórmula para poñelos a disposición da investigación en Galicia. Foi a semente da que nacería a Fundación Penzol o 7 de abril de 11963. Sin.: CA-003/001/001 8535.
Apuntamentos manuscritos de Rosalía de Castro con glosas do cancioneiro popular galego, s.d.
Estreliña do luceiro/ quen ten amores no dorme/sinon ó sono primeiro
Queridiña dame un ay/ damo caladiñamente/ si no saber túa nai
Janiño San de Varela / para que querela cama/ si non vas durmir a ela
Sin.: CA-205/93
Forno de alquimia atribuído a Antonio Arias Teixeiro. Da obra Miracula Chemica. 1644. París. [Fondo documental Familia Arias Teixeiro]. Sin.: CA-0117/018
Antonio y Anselmo Arias Teixeiro: dos lulistas gallegos en el siglo de la Ilustración, de Miguel Álvarez Soaje. 2012. Universidade de Santiago. Sin.: 153/78
Forno de alquimista reproducido nesta tese de doutoramento sobre os dous irmáns, frades franciscanos (Antonio deixou os hábitos para administrar os bens da familia), que formaron parte da familia Arias Teixeiro (século XVIII), asentada en Cabanelas (O Carballiño) e integrante da fidalguía do Ribeiro. Manifestos seguidores de Raimundo Lull, asociado á teoría da alquimia e á filosofía natural. A familia emparentou cos Correa, herdeiros do Pazo das Pías da Ramallosa (Nigrán). Antón Losada Diéguez, figura senlleira do galeguismo, estaba emparentado con esta familia.