Carta da Irmandade da Fala Xohán Vicente Viqueira, nomeándoo membro do consello de redacción de A Nosa Terra. 3-I-1922. Xoán Vicente Viqueira Cortón (Madrid, 22-X-1886 / Bergondo, 29-VIII-1924) estudou na Institución Libre de Enseñanza, licenciouse en Filosofía na Universidade de Madrid e ampliou estudos en Alemaña. Catedrático de Psicoloxía do Instituto de Santiago de Compostela, foi unha figura sobranceira das Irmandades da Fala. En 1973, a súa viúva, Jacinta Landa, exiliada en México, decide a entrega dos seus documentos á Fundación Penzol. En 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Na fotografía, Jacinta Landa, no centro, con Ramón Piñeiro, a súa esposa, Isabel López; Fermín Penzol, Domingo García-Sabell, Blanca Jiménez, Francisco Fernández del Riego e Marino Dónega, na Fundación Penzol en xuño de 1973.
Carné do Comité Orensano Leal [á II República] de Buenos Aires a nome de Rodolfo Prada. 1938. Rodolfo Prada Chamochín (A Peroxa, 1892 - Buenos Aires, 1980) é unha das figuras máis relevantes do galeguismo en Buenos Aires. O Comité Orensano Leal prestou axuda durante a Guerra Civil e para a saída de Francia dos refuxiados despois da vitoria franquista. Prada acolleu e apoiou a Castelao cando se exiliou na capital arxentina, e foi testamenteiro e herdeiro da súa viúva, Virxinia Pereira Renda. CA-533/6/14.
Cantija que resa un conto pasado cun señor Faraute mandón na vila de Bayona de Jalicia. 1791. Texto orixinal e transcrición manuscrita de Xosé María Álvarez Blázquez. Un dos escasos textos en alego do século XVIII, pertencente ao fondo de Xosé María Álvarez Blázquez, existente na Fundación Penzol. Está recolleito en Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna (http://ilg.usc.gal/gondomar/). Sin.: CA- 0489/003
Memorias da Guerra Civil, de Manuel Portela Valladares [503 folios mecanografados e 5 follas de notas manuscritas] Portela Valladares (Pontevedra, 1867 - Bandol, 1952). Avogado, empresario e deputado a Cortes. Inicia a súa carreira política no Partido Liberal de Eugenio Montero Ríos. En 1924 funda El Pueblo Gallego, xornal aberto á preocupación por Galicia. Durante a II República ocupa os cargos de gobernador xeral de Cataluña, ministro da Gobernación e xefe de Goberno nos últimos días da presidencia de Alcalá Zamora. Exiliado en Francia, os seus bens foron confiscados polo goberno franquista. As memorias permaneceron inéditas ata a publicación da edición preparada por José Antonio Durán para Alianza Editorial (1988). Sin.: CA-37/1.
Arredor de si. Manuscrito autógrafo de Ramón Otero Pedrayo. Incompleto. Inclúe notas, debuxos e algunhas contas. 2-I-1929. Fondo Ramón Otero Pedrayo. Primeira edición, Nós, 1939; segunda, Editorial Galaxia, 1970. Sin.: CA-070/005, 20/132; 39/83.