Doazón do rei Afonso VII ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro [privilexio real]. 6-V-1135. Documento máis antigo dos fondos da Fundación Penzol. Escrito en latín en letra carolina. Privilexio ao mosteiro da orde de Santo Agostiño, sendo prior don Pedro, polo que amplían os lindes do seu couto, exime os seus moradores de responder de fonsadera, facendera, caloña ou foro rexio (trabucos), prohibe a outros señores ter vasalos dentro do mesmo, concédelle a supresión do portádego real a establece o pago da metade das súas posesións aos habitantes que o queiran abandonar. Sin.:PLA-04/001.
Os dous documentos en galego máis antigos da Fundación Penzol. Pergamiños. O mosteiro de Ramiráns afora a Martiño Pérez e Pedro Maiz, polo tempo das súas vidas, unha herdade que o mosteiro ten no lugar de Xeitadoiro, por unha renda anual do quinto de todo o froito que produza. 28-XII-1274. Sin.: PLA-04/044.
1. [Monterroso (Lugo)]. Maior López, muller de Domingo Pelaez, vende a Martin Fernández de Picón, clérigo, e a María Núñez unha parte do casal de Picón, chamado das Quintas, por cincocentos soldos. Ante Xoan Rodríguez, notario en Monterroso. 1-V-1276.
2. [Monterroso (Lugo)]. Gonzalo Núnez, morador en Montelongo, vende a María Núñez, a súa irmá, e a Martiño Fernández de Picón, una metade, e a Lopo Núñez, tamén irmán seu, a outra metade dos bens que ten en Salceda, freguesías de Santa María de Marzaes e San Cristovo do Souto, e na de Santiago da Moega, por cen soldos. Ante Xoan Rodríguez, notario en Monterroso. 9-XI-1275. Sin.: PLA-04/04585.
Álvaro Viloso apártase do servizo de Pedro Álvarez de Soutomaior e convértese ao de Alonso de Fonseca, arcebispo de Santiago mediante preito homenaxe polas Torres de Pontevedra. Data do orixinal: marzo de 1474, Pontevedra. Data do traslado: abril de 1475, Santiago de Compostela. Lingua do documento: galego e castelán. O documento pertence ao fondo Antonio López Ferreiro; ten especial interese por estar redactado en parte en galego nesa altura do século XV. Sin.: CA-0035/008/003/00.