Serie de trinta e catro medallas de prata das figuras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, desde 1963 ata 1996 (Premio Nacional da Casa da Moeda e Timbre). Realizadas polo escultor Manuel Ferreiro Badía sobre debuxos de Siro López Lorenzo. Sin.: CF.
Dous pratos conmemorativos da inauguración das instalacións da Fundación Penzol en Policarpo Sanz, 24, Vigo. Gravados coa inscrición: “A don Fermín Penzol, bo e xeneroso, a mocedá galega. V-maio-MCMLXIII”.