Morteiro do boticario Xosé María Chao. Peza da historia dos liberais galegos. Fabricado en 1741. Dise que nel se puido preparar o explosivo da carta bomba que se enviou ao represor xeneral absolutista Eguía, capitán xeneral de Galicia (1824-1832), en que perdeu unha man e dous dedos da outra.
Busto de Fermín Penzol, de Antón Rivas Briones, en madeira de teca. [c.a. 1965-1970]. Antón Rivas Briones (Madrid, 1918 – Vilagarcía de Arousa, 2004). Debuxante, pintor, tallista e xilógrafo; premiado en varias ocasións na Bienal de Arte de Pontevedra (1970, prata en gravado; 1973 e 1974, bronce en pintura; 1975, prata en pintura; 1978, ouro en pintura).