Las siete canciones de amor: poema musical del siglo XII, de Martín Codax; notas de Pedro Vindel. 1915. Madrid: Sucesora de M. Minuesa. Contén a edición facsímile do pergamiño coas cantigas musicadas de Martín Codax, fotogravados e notas descritivas de Pedro Vindel, quen o encontrou servindo de forro ao códice do século XIV De officiiis, de Cicerón. A edición pretende dalo a coñecer para a súa venda. Actualmente, o pergamiño pertence á Morgan Library de Nova York. Sin.: 152/167 e 15/22.