O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Peza dramática en tres xornadas, de Álvaro Cunqueiro; ilustracións de Xohán Ledo. 1958. Vigo: Editorial Galaxia. Sin.: 39/224.
Folla de espiño recolleita por Cunqueiro o 12 de xuño de 1970 no castelo de Elsinor, cunha nota manuscrita onde o doutor Joan Obiols e Néstor Luján, grandes amigos de Cunqueiro, certifican que así foi.
Os anos escuros. I. A resistencia cultural da xeración da noite (1954-60), de X. L. Franco Grande; prólogo de X. L. Méndez Ferrín. 1985. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. “Este libro quere dar unha visión da resistencia cultural galega nos anos cincuenta […] da xeración que despois de 1950 chega á Universidade de Santiago e que a deixa arredor de 1960”. Ramón Piñeiro, o seu grande animador, é o autor da carta dirixida ao autor, reproducida nunha das páxinas da obra. Sin.: 44/26.