Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México. 1959-1968. Nada en México no seo do Padroado da Cultura Galega por iniciativa dun grupo de exiliados. Recolleu nas súas páxinas o máis destacado da cultura galega do momento. Edicións A Nosa Terra tirou en 1989 unha edición facsimilar. Publicaron nela colaboradores de distinto signo político, como Ramón Piñeiro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Celso Emilio Ferreiro… Dirixírona Luís Soto, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán; Arturo Souto foi o seu director artístico. Sin.: RG-159; SL-R-66.
Nós. Boletín Mensual de Cultura Galega. Órgao da Sociedade Galega de Pubricaciós Nós. Ourense, 1920. Pode considerarse a máis ambiciosa empresa cultural da Galicia contemporánea, desde unha perspectiva nacionalista e, ao tempo, aberta ao mundo. Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino L. Cuevillas formaron a cerna do grupo Nós, con Arturo Noguerol como xerente e Xulio Gallego como secretario de redacción, ao seu carón Castelao, logo director artístico. Participaban tamén Antón Losada Diéguez e Ramón Cabanillas. O último número (139-144) saíu do prelo pouco antes da sublevación militar de 1936, e non se chegou a distribuír; tan só dous exemplares sobreviviron á queima da imprenta de Ánxel Casal polos golpistas. Sin.: REV-GAL RG-30; R-106.