Marquesado de Vilagarcía. Venda por Filipe II da xurisdición de Vilagarcía a Rodrigo de Mendoza y Sotomayor, señor dos pazos de Vista Alegre e Barrantes. Sinatura autógrafa do rei. 1591. CF-2/74.
Libro de notas de Gómez Fernández e Francisco de Lerma, notarios de número de Santiago de Compostela. 15-III-1464 / 27-VII-1476. Escrituras do século XV en galego. Trátase dun libro de notas manuscrito en galego do século XV, dos poucos que se conservan en Galicia. Sin.: CA-0002/001.
Testamento e fundación do morgado do capitán Juan de Gayoso, señor de Guntín e Canedo [executoria de fidalguía]. 1558-1560. Realizado con ilustracións de gran calidade, probablemente foi realizado por mandato dos seus herdeiros. Establece a formación do morgado, institución destinada a perpetuar o patrimonio familiar. Recolle o testamento do capitán Juan de Gayoso, señor da casa e xurisdicións de Guntín e Canedo. Fillo do cabaleiro Diego de Gayoso, estivo ao servizo do emperador Carlos V e do papa Clemente VII. Retirado da milicia, tomou os hábitos e ocupou diversos cargos, entre eles a nunciatura do Reino de Galicia. CF-2/58.