Relación manuscrita de obras adquiridas por Fermín Penzol, ca. 1940. Contén 863 rexistros de libros e documentos ordenados alfabeticamente, con indicación de título, lugar e data de edición. Neste inventario, feito polo bibliófilo Fermín Penzol, está a orixe dos fondos cos que foi dotada a Fundación Penzol cando se creou en 1963. Sin.: CA-0164/005/010.
Debuxo-maqueta de distribución das primeiras instalacións da Fundación Penzol no local de Policarpo Sanz, 24-1º, realizado por Xaime Isla Couto en 1963.
Xaime Isla foi, con Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, un dos ideadores e motores principais de Editorial Galaxia. Tivo un papel importante na adopción da fórmula de fundación para a Penzol. Tamén exerceu de secretario do seu Padroado.