Terra de Melide [Ramón Otero Pedrayo… et al.]. 1933. Santiago de Compostela: Seminario de Estudos Galegos. Un elaborado traballo sobre a comarca nos seus diferentes aspectos: Xeografía por Ramón Otero Pedrayo; Prehistoria por Florentino L. Cuevillas; Arqueoloxía relixiosa por Xesús Carro e X. Ramón Fernández-Oxea; Historia por A. Taboada Roca; Etnografía por Vicente Risco, e Folclore por Risco e Amador Rodríguez Martínez. A obra cumpre cun dos fins do Seminario: o estudo pormenorizado das comarcas galegas. Sin.: 24/61.
General estoria. Versión gallega del siglo XIV, [Afonso X]. 1963. Edición de Ramón Martínez López. Oviedo: Facultad de Filosofía y Letras, 1963. Ramón Martínez López (Boiro, 4-IV-1907/Pontevedra, 12-IX-1989), foi un filólogo e político galego. Exiliado nos Estados Unidos, en 1940 accede ao departamento de Linguas Románicas da Universidade de Austin (Texas), onde exerceu docencia ata a súa xubilación en 1971. Un dos seus principais temas de investigación foi a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das Cantigas de Santa María e da General estoria, ambas as dúas de Afonso X. Doou a súa biblioteca e documentos á Fundación Penzol. Sin.: 17/28.
Galicia, de Manuel Murguía; fotogravados de Thomás; debuxos de Passos e Delgado; cromos de Xumetra. 1888. Barcelona: Daniel Cortezo y Cª. Libro ilustrado de historia e xeografía, que trata dos tempos prehistóricos e os monumentos megalíticos, da Coruña (historia, monumentos e fillos notables), un amplo capítulo dedicado a Santiago de Compostela (historia, política, monumentos e fillos notables) e outros, máis breves, dedicados a Padrón, Baiona, Ourense e Lugo. Sin.: 2/57.