Castelao no exilio. Dúas obras senlleiras:
- Sempre en Galiza, 1944. Buenos Aires: As Burgas, Centro Orensano de Buenos Aires. Compendio do pensamento político de Castelao, tamén coñecido como a Biblia do galeguismo. Sin.: 21/44.
- As cruces de pedra na Galiza, 1949. Buenos Aires: Nós. O pensamento estético de Castelao presentado en debuxos, reproducións fidedignas de cruces e cruceiros de toda Galicia. Este libro, o 31, pertence á edición numerada e asinada por Castelao. Sin.: 48/6.